Servizos

HORARIO AMPLO E FLEXIBILIDADE
Ademais do proxecto desenvolvido en cada aula, tamén contamos con titorías individualizadas, atención personalizada a alumnos con necesidades educativas especiais, psicomotricidade, estimulación temperá, …
SERVIZO DE COMEDOR
Para mellorar a conciliación, dispoñemos de servizo de comedor con comida caseira ou cátering.


SERVIZOS COMPLEMENTARIOS PARA NEN@S DE 3 A 8 ANOS
Actividades, manualidades, técnicas de aprendizaxe, etc. dirixidas a nen@ s de 3 a 8 anos con persoal cualificado.
Actividades

Estimulación temperá e actividades para alumnos con necesidades educativas especiais.

Realizamos actividades e obradoiros de cociña, manualidades e proxectos relacionados coa contorna.

Á parte das titorías ofrecemos clases avanzadas con persoal titulado dous días á semana.

Realizamos saídas regularmente, por exemplo, no Nadal visitamos o Belén da Orde Terceira e na fin de curso visitamos unha granxa escola.

Ao longo do ano realizamos diferentes celebracións como a Vendima, Samaín, Nadal, Entroido, ou os Maios.

Se contamos cun grupo mínimo realizamos tamén a actividade semanal de piscina en instalacións externas.