Instalacións​

As aulas

Todas as nosas aulas son exteriores e teñen unhas bonitas vistas á enseada da Malata.

Contamos cun espazo de usos múltiples e 4 aulas: unha para nenos de 0 a 1 anos, dous para 1 a 2 anos e unha para 2 a 3 anos. Cada aula conta coa súa zona de hixiene e descanso.

Patio exterior

Contamos tamén cun patio exterior, de carácter municipal, de uns 300 m2, o cal podemos utilizar sempre que o necesitemos e o tempo o permita.

Todo o centro está pensado para propiciar o desenvolvemento físico e intelectual dos nenos.

As nosas instalacións están deseñadas especificamente para que cada grupo teña as súas necesidades cubertas.