A Escola

Un pouco de historia

A Escola Infantil Chip y Chop foi creada en outubro de 1992, e o seu emprazamento estaba na rúa Coruña da cidade de Ferrol. Este Centro era de carácter privado e os seus primeiros anos foron difíciles debido á escaseza de alumnado e a un índice de natalidade pequeno na nosa cidade.

No ano 1996 o noso centro foi declarado como Iniciativa Social, xa que gran parte do noso alumnado era de familias con baixos recursos económicos e a Xunta de Galicia facíase cargo das cotas de ditos alumnos. Nos anos seguintes fóronse reformando estas axudas e, hoxe en día, a Xunta subvenciona a todo o alumnado.

Novas instalacións

As nosas instalacións tamén foron reformadas para poder acoller aos nosos alumnos e que estes se atopen cómodos. Na actualidade a escola converteuse nunha Cooperativa de Iniciativa Social.

En outubro de 2007 abrimos unhas novas instalacións na rúa Navegantes de Ferrol, instalacións das cales tanto cooperativistas como traballadoras estamos moi contentas e cheas de ilusión, e esperamos que todos os nosos alumnos gocen delas.

Agradecemento

Desde aquí quixésemos agradecer a todas as persoas que nos axudaron e nos seguen axudando na tarefa de mellorar día a día.

Grazas!!