Sobre Nós

Escola infantil para nen@s de 3 meses a 3 anos

Facilitamos a conciliación entre a vida familiar e laboral ofrecendo un servizo especializado en Educación Infantil para nen@s de 3 meses a 3 anos. Ademais, a nosa escola está subvencionada pola Xunta de Galicia e todo o alumnado ten acceso a estas axudas.

Fachada escuela infantil Chip y Chop Ferrol

Proxecto Educativo

O desenvolvemento do nen@ é global, captan a realidade como un todo, poñendo en xogo aspectos psicomotrices, afectivos e comunicativos.

É necesario que o nen@ comprenda o significado da súa aprendizaxe.

Nesta etapa da súa vida o nen@ descobre todo a través da súa propia acción.

A esta idade dependen completamente dos adultos e necesitan sentirse seguros do afecto que lles propiciamos.

Cada nen@ é diferente.

O nen@ vaise facendo sociable a medida que vai crecendo e por tanto deberemos potenciar o contacto cos outros nenos como cos adultos.

Distincións

ASOCIACIÓN NACIONAL DE SEGURIDADE INFANTIL

En maio de 2019, a Asociación Nacional de Seguridade Infantil concedeunos o Certificado de Calidade S+que confirma a excelente adaptación das instalacións ás normas preventivas e o seguimento dos puntos críticos para evitar accidentes infantís.

AXUDAS PARA A MELLORA DA REDE GALEGA DE ESCOLAS INFANTÍS

Somos un centro de Iniciativa Social que conta con subvencións da Xunta de Galicia para todo o noso alumnado. Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

NOTA INFORMATIVA SEGUNDO FILLO E SUCESIVOS

As familias con dous ou máis fillos desfrutarán da GRATUIDADE na escolarización e matrícula subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

CHIP & CHOP XA É UNHA ESCOLA INFANTIL GRATUÍTA PARA SEGUNDOS FILLOS E SUCESIVOS

A Xunta de Galicia axuda ás familias a conciliar para que Galicia sexa o mellor lugar do mundo para nacer.

PLANTRA (PLAN NACIONAL ANTI ATRAGOAMENTO)

Colaboramos activamente con PLANTRA, ssensibilizando ao público sobre o problema da asfixia por atragoamento. Adquirimos o produto médico ” Dechoker” para previr accidentes de empregados e/ou clientes.

ADEMÁIS…

Tamén contamos con subvención da Deputación de A Coruña e somos socios de AFESIN (Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra).

Actividades

Instalacións